Martes 10 de Setembro de 2024
A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu estará na xornada inaugural do Congreso Mundial de Xenética Forense. a celebrar o 13 de setembro no Auditorio de Galicia. A orquestra fará un percorrido con imaxes do Camiño de Santiago con un repertorio escollido especialmente para a ocasión.
O congreso desenvólvese en Santiago ata o 13 de setembro da man dos docentes da USC Ángel Carracedo e María Victoria Lareu en el daranse cita máis de mil especialistas de 62 países de todo o mundo
Compostela é a sede esta semana da 30 edición do Congreso Mundial de Xenética Forense, no que se darán cita máis de 1.000 especialistas de 62 países de todo o mundo. A inauguración, prevista para este martes 10 ás 19:00 horas no Auditorio de Galicia, contará coa participación, ademais do catedrático da USC e investigador principal do CiMUS da USC, Ángel Carracedo, e da directora da Unidade de Xenética Forense, María Victoria Lareu, ambos os dous ex directores do Instituto de Ciencias Forenses e presidentes deste congreso; do presidente da International Society for Forensic Genetics (ISFG), John Butler; dos conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Sanidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez e Antonio Gómez, respectivamente; e da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
10/09/2024
10/09/2024
10/09/2024
10/09/2024
10/09/2024