Novas

Concerto da Banda de Zanfonas da ETRAD no CVC de Valadares. 08/03/20. Desde as 18:45. 8º ciclo: A música tradicional Re-vista.

Martes 3 de Marzo de 2020


A Banda de Zanfonas da ETRAD  no CVC de Valadares. 15/03/20. Desde as 18:45 concerto dentro do ciclo A música tradicional Re-vista.

A Banda de Zanfonas da ETRAD ofrecerá un concerto no CVC de Valadares dentro do ciclo A música tradicional Re-vista. Será o vindeiro domingo 8 de marzo desde as 18:45 nun serán partillado co cantautor Tino Vaz.

 

BANDA DE ZANFONAS DA ETRADVIGO. (BANZANTRAD)

A Banda de zanfonas da ETRADVIGO nace da experiencia pedagóxica da Aula de Zanfona da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional, na que recibiron formación todos os seus integrantes. Grazas á súa continuidade, tomou forma dende dous invernos, unha comunidade de músicos que traballan na Aula Aberta de Zanfona, un repertorio que abrangue tanto temas do repertorio tradicional galego vocal e instrumental, como de melodías doutros folclores e estilos nos que a zanfona foi e segue a ser parte viva da tradición. Coordinada por Anxo Pintos, estes dous últimos anos esta formación ten ofrecido concertos dentro da programación cultural do Nadal en Vigo e da Feira Franca de Pontevedra, converténdose na formación estable co maior numero de zanfonistas do país.

 

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.