Mércores 25 de Maio de 2022
DARTE, o conxunto de 2º de Avanzado da ETRAD celebra o seu concerto da ETRAD o vindeiro mércores 15 de xuño ás 20:30. Será o penultimo dentro da xira que iniciaron a finais de marzo e que se prolongará ata a derradeira semana de xuño. Non volo perdades!!!
DARTE é o grupo de música folk, resultado dos dous anos de formación dos seus membros na asignatura de Conxunto Instrumental impartida na ETRAD, a Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional, dentro do Itinerario Avanzado.
Ao longo destes dous anos, xs músicxs da banda, elaboraron un repertorio centrado na recreación e reelaboración de músicas de tradición galega sendo permeabeis tamén á fusión de estilos entre músicas de raíz europeas e outros tan equidistantes como o Pop, o Rock ou o clásico. O resultado conforma unha posta en escea chea de intres bailables, convertendo a experiencia nunha viaxe inzada de paisaxes sonoras que van do lírico ao telúrico con miradoiros nos que parar a escoitar a beleza agochada nos timbres puros.
O FOLK-TRAD de DARTE semella querer aportar en ocasións, un reflexivo ponto de vista afincado nas antípodas do evidente. Foi por isto que quizaís decidiron elixir darlle a volta ás letras da escola, ETRAD, para seren DARTE.
DARTE son:
LUCÍA ALBORJA BALADO: Voz, pandeireta e percusión miúda
PATRI SÁNCHEZ SEOANE: Voz, pandeireta e percusión miúda
LUCÍA SANTIAGO DÍAZ: Acordeón diatónico
ANXO MÉNDEZ: Violín
HÉCTOR PREGO BARROS: Viola
ALBERTO BARREIRO: Gaita
ANTÓN POMBAR: Zanfona.
CONCERTO DE DARTE. CONXUNTO 2 DE AVANZADO.
PATIO DA ESCOLA
MÉRCORES 15 XUÑO. 20:30 HS.
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORAMENTO
25/05/2022
25/05/2022
25/05/2022
25/05/2022
25/05/2022