Novas

CURSO. Fraseo melódico, ornamentación noutras músicas europeas e periféricos escénicos para instrumentos de micro e liña. Xosé Liz. 13, 20 e 27 de xaneiro de 2023. EXTRAESCOLARES ETRAD 2022/23

Martes 13 de Decembro de 2022


CURSO. Fraseo melódico, ornamentación noutras músicas europeas e periféricos escénicos para instrumentos de micro e liña. Xosé Liz. 13, 20 e 27 de xaneiro de 2023. EXTRAESCOLARES ETRAD 2022/23

Abrimos o 2023 con este interesante curso impartido polo mestre Xosé Liz cunha dobre finalidade, descubrir por unha banda, o fraseo melódico e a ornamentación doutras músicas europeas e por outra, os periféricos escénicos para instrumentos de micro e liña.

Para isto, trataremos os segredos do pulso, das acentuacions e da función elástica do tempo dentro das frases melódicas dos principais xéneros tradicionais. Amosaremos recursos ornamentais característicos da música bretona, irlandesa e escocesa que mellorarán e aumentarán as nosas ferramentas xerais no discurso melódico. Descubriremos algúns dos perifericos (pedais, loopers, armonizadores...) máis empregados e vangardistas que nos axudarán a descubrir novos timbres e funcións no noso instrumento para o desenvolvemento escénico.

CURSO. Fraseo melódico, ornamentación noutras músicas europeas e periféricos escénicos para instrumentos de micro e liña.

Xosé Liz.

13, 20 e 27 de xaneiro, de 2023.

AULA 5. De 16:00 a 19:00 H

Matrícula aberta ata o 13/Xan

Prezo curso: 26 EUR.

Gratis para alumnado

de Medio e Avanzado.

 

Compartir en