Novas

ETRAD. CONVOCATORIA NOVO CURSO 2020-21. Prazos e condicións para alumnado matriculado e de novo ingreso.

Mércores 17 de Xuño de 2020


ETRAD. CONVOCATORIA NOVO CURSO 2020-21. Prazos e condicións para alumnado matriculado e de novo ingreso.

Advertencia sobre a situación de excepcionalidade
provocada pola COVID-19
As diferentes disposicións legais en relación á situación sociosanitaria da pandemia, que podan ter vixencia a 1 de outubro de 2020 (data de inicio previsto do curso), poderían modificar as características desta convocatoria (datas, número de prazas ofertadas, admisión de novo alumnado, modalidades presencial e online, ...)


CONVOCATORIA PARA O ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES

ALUMNADO que pasa aos cursos de:
- 2º e 3º (Itinerario Básico) e 1º no caso das especialidades con C.I.I.
- 2º e 3º (Itinerario Medio)
- 2º e CEE (Itinerario Avanzado)

NON HAI RESERVA DE PRAZA, terán que MATRICULARSE DIRECTAMENTE.

Deberán efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e formalizar a matrícula. A matrícula non é reembolsable.

Para a formalización da matrícula, deberán enviar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas, en modelo normalizado, por correo electrónico a e-trad@vigo.org e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado (PDF, escaneado ou fotografía do mesmo).

No caso que opten pola presentación presencial da documentación, os interesados deberán solicitar CITA PREVIA no teléfono 986 228087 da Secretaría da ETRAD. Horario de atención ao público, previa cita: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado).

PRAZO: 1 ao 10 DE XULLO DE 2020

IMPORTANTE: NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA SOLICITUDE A PARTIR DAS 24:00 HRS do día 10 DE XULLO DE 2020.


CONVOCATORIA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO E DE AULAS ABERTAS:

Preinscrición:

-On line (www.emmavigo.org): do 22 de xuño ao 7 de setembro de 2020.
-Presencial (na secretaría da ETRAD): do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 7 de setembro de 2020.
-Sorteo: 17 de setembro
-Probas para o Itinerario Medio: do 17 ao 21 de setembro
-Publicación de listas de admitidos: 24 de setembro.
-Matrícula: do 24 ao 30 de setembro.
-Solicitude de exención de taxas: ata o 30 de setembro.

Comezo do vindeiro curso: 1 de outubro.

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.