Mércores 9 de Decembro de 2020
A mestra de Música e Movemento da ETRAD, Xela Conde, preséntase en concerto cunha nova formación o vindeiro 12 de decembro ás 20 horas no Auditorio Municipal de Cangas.
Tes aquí máis info sobre este trío que se estrea:
Fixe Trío
é un proxecto musical que comeza a dar os seus pasos en escena. Os seus instrumentos principais son a guitarra, o cello e a voz, inda que, como multiinstrumentistas, engaden ocasionalmente outros instrumentos como o violín, frautas e diversos instrumentos de percusión.
No mundo sonoro de Fixe Trío podes atopar músicas de diferentes lugares: Galicia, Portugal, Brasil, Arxentina, Cuba, Chile ... Sendo as propias intérpretes as encargadas dos arranxos para acadar o seu propio son.
Cancións do mundo cun toque contemporáneo e interxeracional.
Músicas para sentir e compartir.
“Moito Fixe”!
Xela Conde: voz, percusión, violín, flauta
Blanca Marigómez: Cello e voz
Joel Fontán: guiutarra e voz
Concerto con FIXE TRÍO.
12/DEC/20.
Auditorio Municipal de Cangas.
20:00 h.
Entradas en Ataquilla.com
Facebook: Fixe Trío
Correo: xela@sondeseu.org
Tlf: 619806478
09/12/2020
09/12/2020
09/12/2020
09/12/2020
09/12/2020