Novas

GALAXIA ETRAD. O DIRECTOR DA ETRAD, RODRIGO ROMANÍ, PREMIO LAXEIRO 2021.

Mércores 24 de Febreiro de 2021


GALAXIA ETRAD. O DIRECTOR DA ETRAD, RODRIGO ROMANÍ, PREMIO LAXEIRO 2021.

Na escola sentímonos especialmente contentos e orgullosos ao coñecermos a concesión do Premio Laxeiro 2021 ao noso director, Rodrigo Romaní.

Contamos sempre coa certeza de que a súa traxectoria fai capítulo isolado no devir das músicas patrimoniais, tanto na música folk galega dende o seu nacemento ata hoxendía, como polo que supuxo a posta en marcha do primeiro conservatorio de música tradicional do pais na EMAO de Vigo, centro no que se xestou a creación da Orquestra Folk SonDeSeu e orixe da actual Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional. (ETRAD)

Deixámosvos as verbas da Fundación Laxeiro encol da concesión do premio a Rodrigo:

O músico Rodrigo Romani Arpa galardoado co Premio Laxeiro 2021, como recoñecemento a unha taxectoria dedicada á renovación da música tradicional galega, tanto como membro fundador do grupo Milladoiro, como tamén, por ser un dos introdutores da arpa celta en Galicia e como promotor de proxectos como  SondeSeu Orquestra Folk e polo seu labor docente, desenvolvido na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (ETRAD). O galardón foi concedido por unanimidade na Reunión Extraordinaria do Padroado da Fundación Laxeiro, celebrada o pasado 18 de febreiro. 

El músico Rodrigo Romani Arpa galardonado con el Premio Laxeiro 2021, como reconocimiento a una trayectoria dedicada a la renovación de la música tradicional gallega, tanto como miembro fundador del grupo Milladoiro, como también, por ser uno de los introductores del arpa celta en Galicia y como promotor de proyectos como SondeSeu Orquestra Folk y por su labor docente, desarrollada en la Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. El galardón fue concedido por unanimidad en la Reunión Extraordinaria del Patronato de la Fundación Laxeiro, celebrada el pasado 18 de febrero.

Compartir en