Novas

GALAXIA ETRAD. O mestre de canto da ETRAD, Xisco Feijoó estrea PEIXE, o sinxelo que adianta o seu primeiro traballo discográfico como artista en solitario.

Venres 5 de Febreiro de 2021


GALAXIA ETRAD. O mestre de canto da ETRAD: Xisco Feijjoó estrea PEIXE, o sinxelo que adianta o seu primeiro traballo discográfico como artista en solitario.

Xisco Feijoó atrévese co sinxelo `PEIXE´, o tema que lle dá nome ao seu primeiro disco. `PEIXE´ trátase dunha proposta fresca, dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional vista dende unha perspectiva actual. 

 `É como eu vexo o que fun e o que son, incluso como observo o que eu sentín, do xeito que eu o sentín, as pegadas que quedaron e o que hoxe sinto cando percorro os sinais que todo elo ten deixado no meu ser´. Xisco Feijoó.

 Desta vez Xisco será o protagonista deste proxecto, deste sinxelo; un tema con moita forza e ímpeto co traballo do magnífico mestre Carlos Quintá que aderezou con harmonías e fermosos arranxos ao servizo do noso sabor tradicional e sempre dende unha visión contemporánea e moderna.

 PEIXE érguese como un paso máis na extensa carreira musical de Xisco Feijoó, que comezou, como dí o propio Xisco, cando o seu pai Pepín "O Feijoó" lle puxo a gaita do Catono ao lombo, na aldea de Sistindomato, nas terras de Sober e na casa da Helena, a súa salvadora.

 A estrea realizouse o día 3 de febreiro, da man dun videoclip atrevido e sen barreiras, ideado polo propio Xisco, dirixido por Adela Otero, producido por Itziar Quesada e post-producido por "Beabesada Homestudio" que foi presentado nas redes sociais do cantante e na páxina web www.xiscofeijoo.gal o mesmo día.

 
PEIXE é un soño dun e de todos. Iso é PEIXE.

 
target="_blank" rel="noopener noreferrer">Preme aquí para mirar o vídeo

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.