Novas

GALAXIA ETRAD. O mestre de gaita Xaquín Xesteira cos Faíscas de Solobeira en Shanghai na China International Import Expo (CIIE) xunto coa delegación da Xunta de Galicia participando nos actos institucionais programados para o día de Galicia.

Martes 5 de Novembro de 2019


GALAXIA ETRAD. O mestre de gaita Xaquín Xesteira cos Faíscas de Solobeira en Shanghai na China International Import Expo (CIIE) xunto coa delegación da Xunta de Galicia participando nos actos institucionais programados para o día de Galicia.

O mestre de gaita Xaquín Xesteira estará con Os Faíscas de Solobeira estarán este mércores día 6 de novembro en Shanghai na China International Import Expo (CIIE) xunto coa delegación da Xunta de Galicia participando nos actos institucionais programados para o día de Galicia. 


Sobre os Faíscas:


Fúndase o grupo en 1982. Os primeiros compoñentes  comezaronna música tradicional na  agrupación que había nese momento no Centro Cultural e Deportivo Sixto, na parroquia de Solobeira, pertencente ao concello de Vilagarcía de Arousa. A mesma parroquia dos míticos gaiteiros OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA referente para este grupo.  


Ao longo do tempo foron cambiando algúns dos seus integrantes ata 1992, no  que a formación quedaría  conformada con Ramón Vázquez (O Chilro) e Xaquín Xesteira nas gaitas, Xosé Manuel Gómez no tamboril e Ernesto Abal no bombo ata o ano 2012, ao bombeiro, o substitúe Nicolás  Andrade, debido ao oseu pasamento.  


A súa música está repartida  pola maior parte das festas e romarías da comarca do Salnés fundamentalmente, e por toda a xeografía galega.  


O grupo de gaiteiros Os Faíscas centra a súa actividade no papel que realizan os gaiteiros nas festas, ou sexa, tocar nas alboradas ou pasarrúas, procesións, etc. 

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.