Novas

GALAXIA ETRAD. O violinista Casey Driessen publica Otherlands. Unha viaxe musical polo mundo que inclúe a Galicia e ao alumno Hugo Franco e aos mestres Xosé Liz, Begoña Riobó e Anxo Pintos

Sábado 1 de Maio de 2021


GALAXIA ETRAD. O violinista Casey Driessen publica Otherlands. Unha viaxe musical polo mundo que incluiu a Galicia e ao alumno Hugo Franco e aos mestres Xosé Liz, Begoña Riobó e Anxo Pintos

Hai máis dun ano, o violinista estadounidense, Casey Driessen, visitou Galicia como unha das tres paradas en España dentro do seu proyecto Otherlands: unha viaxe polo mundo durante nove meses na que creou unha serie de 25 curtametraxes e unha selección de 13 "Otherlands: ONE" que acaba de publicarse.  

Durante a súa estancia en Galicia pasou varias xornadas tocando e gravando músicas cos nosos mestres: Xosé Liz con que gravou xunto ao alumno da ETRAD, Hugo Franco unha versión de A Miña Burriña, con Begoña Riobó a Muiñeira de Santo Estevo de Negros e Noitébrega e con Anxo Pintos a jota "K".

Podedes coñecer todos os detalles do proxecto na súa web:

https://www.caseydriessen.com


E aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos:

Casey Diesen, José Liz, Hugo Franco, A miña Burriña


Casey Driessen- Begoña Riobó. Muiñeira de Negros/ Noitébrega

 

Casey Driessen- Anxo Pintos. K

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.