Luns 4 de Marzo de 2024
O grupo musical “ARRORRÓ”, formación composta polos oito alumnos da clase de Conxunto Instrumental II do Itinerario Avanzado da ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional, será quen abra a programación do mes de marzo con “ARRORRÓ en concerto”, un evento que terá lugar o mércores 6 ás 20:00h no Auditorio do Centro Cultural de Beade.
Coñecendo a agrupación:
Dende o principio, Arrorró comeza a arranxar pezas populares e propias que cada integrante vai aportando, dándolles o seu toque personal e orixinal.
A troula e a complicidade entre eles son evidentes, mais alén diso, o que realmente une a Arrorró é o seu vencello emocional.
O grupo non é simplemente un conxunto de músicos, senón uns amigxs que comparten a mesma paixón: o amor pola música e as gañas de partillalo a través do seu repertorio cantado e instrumental.
O grupo está formado por: Carla (Zanfona), Sara (Violín), Lidia (Gaita), Rubén (Gaita), Aldara (Canto e percusión), Joel (Canto e percusión), Javier Abad (Bouzouki) e Javier Álvarez (Guitarra).
ARRORRÓ. CONXUNTO INSTRUMENTAL II DE AVANZADO DA ETRAD EN CONCERTO.
Auditorio do centro cultural de Beade
Mércores 06/MAR/2024
20:00h.
04/03/2024
04/03/2024
04/03/2024
04/03/2024
04/03/2024