Novas

NOVAS GZ. Cartaz de luxo na 9ª edición do Memorial Moxenas no CVC de Valadares coa presenza de

Mércores 3 de Marzo de 2021


NOVAS GZ. Cartaz de luxo na 9ª edición do Memorial Moxenas no CVC de Valadares coa presenza de

Unha boa nova que nos chega dende o CVC de Valadares é a celebración da 9ª edición do Memorial Moxenas cun cartaz de luxo espallado ao longo dos catro domingos de marzo, no que non faltarán músicos da órbita da ETRAD e máis de SonDeSeu.

Se o domingo 7 de marzo poderedes gozar do talento de Oîma e o trío Fransy-Davide-Cibrán, o día 14 será unha ocasión estupenda de escoitar o vigoroso directo de Zurrumalla e do trío "Os Xesteira" no que milita o noso mestre de gaita e os seus fillos.

O domingo 21 será a quenda do zanfonista de SDS, Iván Costa co dúo que forma co bailador e acordeonista, Serxio Cobos, compartiendo palco cos estupendos Airiños da Freba.

O festival remata o domingo 28 coas formacións Paraíso Canto e Tradisón.

Todos os concertos comezan ás 18:00h. no Auditorio do CVC de Valladares

As entradas son de balde mais é preciso reservar no teléfono: 986 467053 ou na Web: WWW.valladares.tv

 

 

 

 

 

 

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.