Acordeón Diatónico

Carlos Quintá Cagide

Carlos Quintá Cagide

Formación e percorrido

Currículo


Materias: Acordeón diatónico, Linguaxe musical e Aula Aberta de Acordeón Diatónico.

Carlos Quintá Diplomado pola USC en maxisterio, estuda acordeón diatónico con Pedro Pascual no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, institución pioneira na pedagoxía da música popular da Galiza, completando ós seis anos previstos no plan de estudios e seguindo ata a actualidade cunha formación autodidacta tanto no ámbito do diatónico como no estudo de armonía, arranxos e composición. Cursa até grado medio na música académica de violín para despois ampliar estudios de xeito autodidacta nos rexistros das músicas populares. Vai a talleres de música con xente coma Jacky Molard, Janick Martin, Alain Pennec, Cati Plana, etc. Dende o ano 2009 é o profesor de acordeón diatónico da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Traicional (ETRAD).

Artísticamente forma parte coma músico, principal arranxista e productor do grupo Linho Do Cuco, formación de murga contemporánea coa que grabou os discos Linho do Cuco (Ed. Nakra, 2003), 3 (autoedición 2007), As Alegrías (Acentral folque 2012), e Viva Viva! (Discos da Mákina 2016).

En 2017 bota a andar o proxecto Oradaladou coa cantante e acordeonista Sonsoles Penadique, co que veñen de publicar Cantigueiro de Cotobade ( Ed. Galaxia 2019), conmemorando o ano Fraguas das letras galegas. Formou parte co zanfonista Óscar Fernández do dúo Fdez e Quintá e do cuarteto Estatalá centrado na interpretación de música popular para o baile. Desde o ano 2007 é músico das compañías de teatro e teatro de monicreques Seisdedos, Viravolta e Fantoches Baj, coas que leva realizado máis de 500 actuacións por toda a xeografía peninsular, e participado en 14 montaxes teatromusicais.