Canto Popular

Francisco Feijoo Álvarez (Xisco)

Francisco Feijoo Álvarez (Xisco)

Formación e percorrido

Currículo


Materias: Canto Popular, Danza e Aula Aberta de Cantares de Troula.

Xisco Comeza estudos de música e baile tradicional en Vigo e formaliza estes estudos no Conservatorio Superior de Música. De seguida, despois de formar parte como instrumentista do grupo “LEMBRANZAS GALEGAS” dirixido polo mestre D. Emilio Sotelino, funda a Asociación Cultural e Folclórica “O Fiadeiro” onde desenvolve labouras de recuperación etnográfica e traballo de campo así como de dirección artística dos grupos titulares durante un período de quince anos. Participa como gaiteiro en grupos como “ARDENTÍA”,  “TRISQUEL” (liderado por Carlos Corral e Nancy Mouriño) e  “AJRÚ” (liderado pola cantante Mercedes Peón), grupos cos que efectúa diversas gravacións. A finais da década dos  noventa, entra a formar parte do equipo docente do Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, hoxe en día reconvertido na Escola Municipal de Música Tradicional e Folk do Concello de Vigo, a ETRAD. Paralelamente, desenvolve a faceta de presentador no programa da TVG “Luar” no apartado de Recuperación das músicas e Bailes Tradicionais de Galicia.

Durante anos, colabora como cantante tradicional en gravacións de grupos como “QUEMPALLOU”,  “LIZGAIRO”, “PEPE BAAMONDE” e “SONDESEU”.

Nestes últimos tempos, foi  vocalista do gaiteiro XOSÉ MANUEL BUDIÑO, co quen leva percorrido xa varios continentes e co que ten gravado no seu traballo discográfico de nome “Volta”. Ademais do traballo docente na ETRAD e no de codirector en “O Fiadeiro” é  coordinador da sección de canto e colaborador como cantante e bailador da Orquestra Folk de Galicia  “SonDeSeu”.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.