Director da ETRAD

Rodrigo Romaní

Rodrigo Romaní

Formación e percorrido

Currículo


Director da ETRAD
Responsable do Departamento de Relacións Exteriores
Materias: Práctica Orquestral

Rodrigo Romaní (Noia 1957) emerxeu ao mundo da música profesional formando parte do movemento popular canción galega na segunda metade da década dos 70. Formou parella artística co músico Antón Seoane. Na súa compaña e co grupo de música tradicional Faíscas do Xiabre fundou Milladoiro en 1979. Con Milladoiro acadou diversos premios internacionais, percorreu a escea folk mundial, e rexistrou doce discos. En 2001 deixou o grupo para dedicarse a outras actividades artisticas e educativas.

Creou para o Concello de Vigo o Departamento de Música Tradicional da Universidade Popular en 1996, primeiro centro educativo en España que relacionaba entre sí os instrumentos da tradición oral e as recientes recreacións urbanas do folk. Refundado como Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, ETRAD, en 2008, actualmente recibe a 400 alumnos anualmente en níveis que van dende o básico ata o profesional. Dirixe o proxecto de investigación "Libro Branco do Ensino na Música Tradicional. Galicia 2006" e presidiu a Fundación Sondeseu desde a súa fundación ata o 2008.

Arpista autodidacta no folk, emprendeu estudos de arpa clásica con Susana Cermeño. Creou a primeira aula de arpa céltica da Península en 1996. En 2013, a causa dun accidente que lle ocasionou a perda dunha falanxe da man dereita, tivo que deixar a docencia para deseñar unha técnica persoal de interpretación a arpa.

En 2007 forma o trio Lizgairo con Anxo pintos e Xosé Liz.

A principios do século crea e dirixe, coa achega de outros mestres da actual ETRAD, a primeira Orquestra Folk de España, SonDeSeu, coa que lidera o proxecto europeo ENFO en 2008.

Ten numerosos premios e distincions colectiva e individualmente como o Goya á mellor Banda Sonora, Pedrón de Ouro, María Casares, Vieira de Prata ou o Premio Nacional de Folklore 2017.

É produtor discográfico dos primeiros traballos de Susana Seivane e Treixadura así como dos cinco discos da orquestra: ”Mar de Vigo", "Trastempo",  “Barlovento", "Danzas Brancas” e o recente “Beiralúa”. Tamén arranxa para a orquestra e se responsabiliza da sección de harpas.

Como solista de arpa ten colaborado con artistas como Carlos Nuñez, Liam O’Flynn, Bill Whelan, Paul Winter, English Chamber, RTE Orchestra, Orquesta Reina Sofía, Sinfónica de Galicia ou Real Filharmonía de Galicia.

Crea en 2014 o Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Noia Harp Fest, do que é actualmente director artístico.