Materias: Acordeón diatónico, Linguaxe musical e Aula Aberta de Acordeón Diatónico.
Alejandro Balbuena Ojea aceu en Vigo (Pontevedra) no barrio do Calvario, onde comeza ós oito anos de idade os estudos de acordeón con Elena Menchero e seis anos despóis continúa as súas clases na parroquia de Bembrive con Manuel Olegario, con quen actualmente e desde entón, segue a colaborar.
Desde neno vése influenciado pola música tradicional, xa que un irmán seu fora varios anos integrante do grupo “A Roda” e asistía a moitos dos seus concertos e troulas. A escasez de acordeonistas que había na zona por aquel entón, propiciou a súa participación en rondallas, coros e grupos de baile que iniciaban a súa consolidación como músico e intérprete. Obtivo numerosas “master classes” de grandes artistas internacionais como Jorge Arribas, Fernando Fraga, Kepa Junkera, Karen Tweed, Mairtin O´Connor e Víctor Prieto. Como é habitual, as “tocatas” informáis cos amigos nos fins de semana, deron lugar a diferentes formacións musicais que o levaron a participar e a colaborar nos máis importantes escearios galegos como o do Festival de Ortigueira, Festival de Pardiñas, Festigal (Compostela), Festival do río Castro de Naraío, Festival da Poesía do Condado (Salvaterra), San Froilán (Lugo), Festival de Cans, etc, ademáis de outros fóra da comarca galega como o Festival de Andanças (Portugal), Arredas Folk (Portugal), Festival intercéltico de Avilés (Asturias), Festival de Lorient (Bretaña), Festival de Guingamp (Bretaña) e Centro galego de Tenerife, País vasco, Valladolid e Madrid.
No ano 2009 se matricula en Vigo na ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e tradicional ), onde cursa a especialidade de acordeón diatónico con Carlos Quintá ata o ano 2016.
Publicacións:
En 2013 “Acordeón tradicional e folk galego Vol 1”, para acordeón cromático.
En 2015 “Acordeón diatónico tradicional e folk galego”, primer cancioneiro galego para acordeón diatónico.
En 2018 “Acordeón tradicional e folk galego Vol 2”.
En 2020, primeiro traballo discográfico co grupo Acordeireta, que leva como título: “Loitar Cantando”.
En 2023, gravación do segundo traballo discográfico co grupo Acordeireta.
Na actualidade, traballa de mestre de acordeón diatónico na ETRAD (Vigo) e mestre de acordeón cromático de piano en varias escolas, con case 20 anos de experiencia, ademáis de formar parte do grupo Acordeireta, xunto con Patricia González Iglesias.