¿Sóanche SonDeSeu, Treixadura, Berrogüetto, Entre Trastes, Pärbo, Caldo, Fixe trío, Xosé Liz project, San Simón Fiddle Orquestra, Lizgairo, A Buxaina, Linho do Cuco?…
Son algunhas das formacións e artistas dos que teñen sido ou son parte o noso elenco de mestres. Na ETRAD de Vigo non entendemos separar a docencia da actividade escénica. Por iso, os membros do noso equipo lidian sen parar con novos retos artísticos que rematan por enriquecer o seu traballo nas aulas… e algunhas veces con premio… dun Mestre Mateo a un Grammy pasando por un Premio da Academia de Música ou un Premio da Crítica… Traxectorias recoñecidas que ademáis teñen dotado de contido áreas de coñecemento orfas dunha bibliografía básica de referencia,. Experiencia e coñecemento aliados para adecuarse ao devalo da túa curva de aprendizaxe… Descobre máis sobre os nomes propios que convivirán contigo nos espazos sonoros da escola.
Materias: Arpa Céltica, Etnomusicoloxía, Conxuntos Instrumentais 3º Med. e 1º Av., Aula aberta de Arpa Céltica, Práctica orquestral.
Materias: Gaita, Conxunto Instrumental, Práctica Orquestral e Aula Aberta Banda de Gaitas
Materias: Zanfona, Conxunto Instrumental II Avanzado, Harmonización e Arranxos I,II. Aula Aberta de Zanfona, Práctica Orquestral.
Materias: Violín Folk, Historia Xeral da Música, Harmonía Elemental, Historia da Música Galega e Aula Aberta de Corda Frotada
Materias: Requinta, Corda Pulsada, Sonorización e gravación, Aula Aberta de Corda Pulsada e Requinta, Práctica orquestral
Materias: Canto Popular, Aula Aberta de Pandereteiras, Aula Aberta de Cantares de Troula
Materias: Percusión e Ritmos e Xéneros da música tradicional
Materias: Música e movemento, Ritmos e xéneros do canto tradicional, Polifonía, Tradición e ciclo anual, linguaxe musical, Aula Aberta de Coro
Materias: Acordeón diatónico, Linguaxe musical e Aula Aberta de Acordeón Diatónico