Mestra

Xela Conde Fernández

Xela Conde Fernández

Formación e percorrido

Currículo


Materias: Ritmos e xéneros do canto tradicional, Polifonía, Tradición e ciclo anual e Aula Aberta de Coro.

Xela Conde Diplomada en maxisterio, folclorista, experta en Formación de Formadores, coach e músico multiinstrumentista. Compaxina a súa vida entre a docencia, a música e o coaching.

Pertenceu como bailadora e pandereteira en varios colectivos como “Louleada” (gravando o disco “Trubisqueira”) e na ACF O Fiadeiro, onde tamén levou a coordinación da escola de dita asociación e deu aulas de canto tradicional e técnica vocal, ademáis de participar na gravación do disco “O Fiadeiro”.

Como frautista e compositora foi membro fundador do grupo “Avalon” co que fixo varias xiras dentro e fora do territorio nacional e gravou dous discos “Lúa Meiga” e “Beltaine”.

Forma parte da sección de canto na Orquestra folk “Sondeseu” dende a súa creación, gravando os discos “Mar de Vigo”, “Trastempo”, “Barlovento”, “Danzas Brancas” e “Beiralúa”e levándolle por numerosos escenarios nacionais e internacionais. Cantante na  nova formación “Pink Roe”. Como violinista en “Eikasía”, permitíndolle seguir desenrolando a súa parte máis creativa nos arranxos e composicións.

Foi mestra durante oito anos de canto tradicional, técnica vocal e conxunto instrumental na Tradescola (Lugo) xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Tamén foi mestra de canto tradicional durante 5 anos nas Escolas Abertas, xestionadas pola Consellería de Emigración da Xunta de Galicia. Forma parte do equipo de mestres da ETRAD dende 2009 dando clases das asignaturas de Ritmos e Xéneros do Canto Tradicional, Polifonía, Aula Aberta de Coro e Aula Aberta de canto tradicional, linguaxe musical e Música e Movemento. Tamén disfruta dando aulas de canto tradicional, levando o taller musical na Residencia para persoas con Autismo e Psicose Castro Navas, facendo sesións de Coaching e impartindo cursos sobre Técnica Vocal.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.