MÚSICA E MOVEMENTO. ARPA CÉLTICA. ACORDEÓN DIATÓNICO. CANTO POPULAR. CORDA PULSADA. GAITA. PERCUSIÓN TRADICIONAL. REQUINTA. VIOLÍN FOLK. ZANFONA.
Fai aquí a túa
preinscrición
Na ETRAD adaptámonos as túas necesidades cun plan de estudos que contempla dous itinerarios diferenciados e complementarios ao tempo. Todo isto sen esquecernos dos máis miúdos que, dos catro aos sete anos, poden comenzar na especialidade de música e movemento.
A escola conta con dez especialidades instrumentais: Acordeón diatónico, Arpa Céltica, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Música e movemento, Percusión Tradicional, Requinta, Violín e Zanfona. Se tes oito anos ou máis e queres dar as primeiras notas ou levas pouco tocando, o Itinerario Básico de tres anos e con dúas horas de instrumento á semana é o teu plan perfecto.
Para os que xa tocades, e queredes metervos máis a fondo, temos o Itinerario Medio de tres anos de duración, cunha hora de instrumento e catro horas de asignaturas á semana como danza, linguaxe musical, ritmos e xéneros, harmonía elemental, historia xeral da música, organoloxía, análise e harmonización, tradición e ciclo anual, polifonía e conxunto instrumental.
Para os que buscades completar a vosa formación pensando nunha saída escénica ou educativa, o Itinerario Avanzado é o tal. Dous cursos para afinar a vosa creatividade e talento interpretativo cunha hora de instrumento e outra de conxunto instrumental á semana na que faredes os vosos propios arranxos. A oferta complétase con asignaturas como análise e harmonización 2, historia da música galega, ritmos e xéneros da música tradicional 2 e sonorización e gravación.
A oferta educativa da escola non remata aquí…
… porque fora do programa formal de estudos, temos o de formación grupal coas Aulas Abertas das 8 especialidades instrumentais nas que podes participar se posúes instrumento e xa tocas. Son dúas horas á semana para aprender e tocar repertorio tradicional en grupo.
Na ETRAD dispoñemos ademáis doutra interesante ferramenta educativa coa que poderás ampliar os teus coñecementos: os monográficos e cursos e de curta duración, dispoñibles tanto para todas as personas interesadas sen necesidade de estar matriculadas no centro como para os nosos estudiantes. (Gratuítos para o alumnado do itinerario medio da escola).
…e por último o Curso de Especialización Escénica*, dun ano de duración, no que prepararás un concerto titorizado polo mestre da especialidade creando os teus propios arranxos, dirixindo os ensaios da túa banda e estreando o resultado nun concerto público no Auditorio Municipal de Vigo.