Canto popular

CAnaïs Barbier

CAnaïs Barbier

Formación e percorrido

Currículo


Materias: Canto Popular, Aula Aberta de Pandereteiras, Aula Aberta de Cantares de Troula

Anaïs Barbier Cantante, percusionista e arranxista.

Con formación inicial en piano clásico, achégase á música tradicional da man de Javier Feijoo “Xisco” no ano 2004. Posteriormente cursa os estudos de canto tradicional na ETRAD , realizando o seu concerto de fin de estudos no ano 2016. Nesta mesma escola cursa tamen o grao medio de gaita mais o de zanfona da man de Xaquín Xesteira e Anxo Pintos respectivamente.

Durante toda esta etapa compaxina a formación nesta escola coa asistencia a clases de técnica vocal e de repertorio e técnica de pandeireta con profesionais como Najla Shami, Ugia Pedreira ou Davide Salvado entre outrxs.

No ámbito docente leva dende o 2012 como mestra de canto e percusións en distintas escolas e asociacións da provincia de Ourense e Pontevedra, como AC. Vila de Baiona, a Escola do Tambor Colectivo en Vigo ou a A.C. Trepia en Pontevedra, aulas que compaxinou coa impartición de obradoiros intensivos de canto por toda a xeografía galega.

No plano artístico formou parte das pandeireteiras do fiadeiro , do proxecto vocal Pink Roe ou da banda de jazz-fusión Laroá. Dende o 2012 pasou a formar parte da sección de canto da OFG SONDESEU , con quen gravou 2 traballos discográficos, Danzas Brancas e Beiralúa.

No 2018 entra como vocalista no grupo Fiandola , con quen grava o disco Cordame, que os leva a ser finalistas dos Premios Opininión da Música de Raíz por “mellor adaptación dun tema tradicional”, e dos Premios Martín Códax da Música Galega na categoría folk.

Na actualidade é a cantante do trío de música folk CALDO. Con este proxecto afondan tanto na revisión de temas tradicionais galegos como na creación dun repertorio propio. No 2019 lanzan o seu primeiro álbum homónimo, que xs leva a tocar por numerosos festivais como o WIM Festival (Burgos), Rubrifolkum (Sant Boi de Llobregat), Cíclicka (Vigo), Tradfest (Santiago de Compostela), ou Festival de Ortigueira entre moitos outros.

No ano 2020 Caldo resultan gañadorxs na categoría folk dos Premios Martin Códax da Música Galega e máis tarde do ConcursoFran Peréz “Narf” 2020 organizado pola Deputación da Coruña.

Có seu 2º traballo, LUGAR A PONTE, afianzan a súa sonoridade como trío folk, levando a súa música a escenarios internacionais como Lorient, Frankfurt, ou cidades como Barcelona, Olot ou Huesca.

Actualmente veñen de editar un libro infantil musicado coa Editorial Cumio, ao mesmo tempo que seguen a investigar na tradición oral galega, actividade que se compaxina coa incorporación ao elenco de mestrxs da ETRAD de Vigo como mestra de Canto Popular, Aula Aberta de Cantates de Troula, Danza, Linguaxe Musical III e Práctica orquestral e a coordinación da seccionémoste de canto da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu.