Percusión Tradicional

Chuco Estévez

Chuco Estévez

Formación e percorrido

Currículo


Materias: Percusión e Ritmos e Xéneros da música tradicional.

Chuco Estévez Iniciou a carreira de percusión tradicional da man de D. Enrique Otero Covelo (mestre de gaita no Conservatorio Superior de Vigo) como integrante na formación “Amieiros do Lagares” (Vilar – Lavadores) anos 80. Participa tamén na Banda de Gaitas Raigames (1981) dirixida polo mesmo mestre, facendo esta de lugar de encontro con outros músicos cos que mais tarde cofunda o “Colectivo Paseniño”(1982) realizando o primeiro rexistro sonoro en colaboración co contacontos “O Xestal” (Dial Discos, S.A.1988). É colaborador do gaiteiro “Ricardo Portela” ó que acompaña en diversas actuaciós e tamén na gravación do disco “Alborada en Cotovade” (Edigal. 1990) derradeiro traballo do mestre. Forma parte dende o 1997 do grupo “Chouteira” co que grava o CD “Ghuaue” (1998) e “Folla de lata”(2001)Realizou a través da súa carreira diferentes colaboracións  ocasionais con grupos como Noitarega , Muxicas, Mattocongrio,...O seu último proxecto chámase “Tinta Femia”, agrupación formada por algúns dos ex-compoñentes de Chouteira.

Foi mestre do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín no que ademáis de impartir clases ten realizado diversos cursos de distintos estilos de  percusión da man de mestres coma Eliseo Parra (percusións tradicionais da Península Ibérica), Dominic Molard (Tabla India), Marcos Teira (Palos flamencos), Xurxo A. Toncoso (Percusión brasileira), Pedro Estevan (percusión manual e Música antigua.

Na actualidade imparte clases de percusión tradicional na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo e-Trad e na Escola Livre da MPG a-Central, en Santiago de Compostela.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.