Música e movemento

Miguel González Diz

Miguel González Diz

Formación e percorrido

Currículo


Materias: Música e movemento, Ritmos e xéneros do canto tradicional, Polifonía, Tradición e ciclo anual, linguaxe musical, Aula Aberta de Coro.

Miguel González Diz (Tomiño 3/11/1992)

Titulado superior polo CMUS de Vigo na especialidade de Instrumentos da Música Popular e Tradicional. Atópase ligado dende neno á música, realiza os seus estudos musicais no CMUS Profesional de Tui onde acada as titulacións profesionais de Saxofón e Gaita de Fol. Durante esta etapa formou parte de numerosa agrupacións como a Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Música de Salvaterra de Miño, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés de Vigo ou a agrupación Moxenas Musical Galego baixo a dirección de Xosé M. Oliveira, quen foi o seu primeiro mestre de gaita.

Na actualidade é mestre de música na ETRAD (Escola de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo) e mestre no H.C. San Rafael (Vigo). Tamén imparte aulas de gaita, canto e percusión tradicional na A.C. Os Muíños de Oliveira (Ponteareas) e na A.C. Traspés (Vigo) onde é director da súa sección musical dende o ano 2021. Xunto co seu compañeiro Isidro Vidal forma parte do cuarteto tradicional Bordón Grellado co que acumula varios premios entre os que cabe destacar o 1º Premio no Concurso de Gaitas do País.

Na actualidade é mestre de Música e Momento na ETRAD, onde imparte as asignaturas de Aula aberta de Coro, Aula Aberta de Pandereteiras, Tradición e ciclo anual, Ritmos e xéneros da música tradicional II