Curso 2019-2020

ARPA CÉLTICA. ACORDEÓN DIATÓNICO. CANTO POPULAR. CORDA PULSADA. GAITA. PERCUSIÓN TRADICIONAL. REQUINTA. VIOLÍN FOLK. ZANFONA.

Fai aquí a túa

preinscrición

Quen somos
Curso 2019-2020 Curso 2019-2020

¿Queres iniciarte dende cero no instrumento?
¿O teu obxectivo é perfeccionar a túa técnica?
¿Buscas unha preparación profesional no eido escénico e/ou no do ensino das músicas tradicional e folk?

Na ETRAD tes as respostas


Na ETRAD adaptámonos as túas necesidades cun plan de estudos que contempla dous itinerarios diferenciados e complementarios ao tempo. Todo isto sen esquecernos dos máis miúdos que, dos catro aos sete anos, poden comenzar na especialidade de música e movemento.

A escola conta con nove especialidades instrumentais: Acordeón diatónico, Arpa Céltica, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín e Zanfona. Se tes oito anos ou máis e queres dar as primeiras notas ou levas pouco tocando, o Itinerario Básico de tres anos e con dúas horas de instrumento á semana é o teu plan perfecto.

Para os que xa tocades, e queredes metervos máis a fondo, temos o Itinerario Medio de tres anos de duración, cunha hora de instrumento e catro horas de asignaturas á semana como danza, linguaxe musical, ritmos e xéneros, harmonía elemental, historia xeral da música, organoloxía, análise e harmonización, tradición e ciclo anual, polifonía e conxunto instrumental.

Para os que buscades completar a vosa formación pensando nunha saída escénica ou educativa, o Itinerario Avanzado é o tal. Dous cursos para afinar a vosa creatividade e talento interpretativo cunha hora de instrumento e outra de conxunto instrumental á semana na que faredes os vosos propios arranxos. A oferta complétase con asignaturas como análise e harmonización 2, historia da música galega, ritmos e xéneros da música tradicional 2 e sonorización e gravación.

A oferta educativa da escola non remata aquí…

… porque fora do programa formal de estudos, temos o de formación grupal coas Aulas Abertas das 9 especialidades instrumentais nas que podes participar se posúes instrumento e xa tocas. Son dúas horas á semana para aprender e tocar repertorio tradicional en grupo.

Na ETRAD dispoñemos ademáis doutra interesante ferramenta educativa coa que poderás ampliar os teus coñecementos: os monográficos e cursos e de curta duración, dispoñibles tanto para todas as personas interesadas sen necesidade de estar matriculadas no centro como para os nosos estudiantes. (Gratuítos para o alumnado do itinerario medio da escola).

…e por último o Curso de Especialización Escénica*, dun ano de duración, no que prepararás un concerto titorizado polo mestre da especialidade creando os teus propios arranxos, dirixindo os ensaios da túa banda e estreando o resultado nun concerto público no Auditorio Municipal de Vigo.


Oferta formativa

Curso 2019-2020


Música e Movemento

  • Música e Movemento I (4 anos)
  • Música e Movemento II (5 anos)
  • Música e Movemento III (6 anos)
  • Música e Movemento IV (7 anos)

Formación Instrumental

Formación Grupal

  • Aula Aberta de Zanfona
  • Aula Aberta de Acordeón Diatónico
  • Aula Aberta de Requinta e Corda Pulsada
  • Aula Aberta de Cantares Populares de Troula
  • Aula Aberta de Arpa
  • Aula Aberta de Banda de Gaitas
  • Aula Aberta de Coro
  • Aula Aberta de Pandereteiras
  • Aula Aberta de Conxunto Corda Frotada

Programas específicos


O curso 2018-2019 comeza o 1 de outubro de 2018 e finaliza o 14 de xuño de 2019.
Podes atopar tódolos detalles sobre o regulamento, horarios, etc nas seguintes ligazóns:


Cursos Normativa
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.