Novas

A Aula de Arpa Céltica da ETRAD no 1º Encontro de Escolas de Arpa de Galicia. Noia Harp Fest, 05/AGO

Xoves 4 de Agosto de 2022


A Aula de Arpa Céltica da ETRAD no 1º Encontro de Escolas de Arpa de Galicia. Noia Harp Fest, 05/AGO

A Aula de Arpa Céltica da ETRADVIGO participou o mércores 5 de Agosto no 1º Encontro de Escolas de Arpa de Galicia, dentro das actividades do Noia Harp Fest, que dirixe o director da ETRAD, Rodrigo Romaní. A representación da Aula de Arpa, coa súa mestra, Begoña Riobó, estivo a cargo de parte do alumnado de 1º de básico e 1º de medio.

Agradecemos a organización do Festival, nomeadamente a Rodrigo Romaní e Alba Barreiro o convite,así como a disposición das familias a achegarse ao festival, e aplaudimos con alegría o éxito da convocatoria que reuniu a parte do alumnado de arpa dos conservatorios de A Coruña, Torroso (Mos) e Mayeusis (Vigo) e a aula de arpa céltica da ETRAD. Agardamos que teña continuidade nas vindeiras citas do festival.

Moitas grazas e moi feliz verán!

Compartir en