Novas

Xornadas de Portas Abertas na ETRAD – 23 e 24 de xuño de 2025. Dende as 17:00hs

Martes 17 de Xuño de 2025


Xornadas de Portas Abertas na ETRAD – 23 e 24 de xuño de 2025. Dende as 17:00hs

Xornadas de Portas Abertas na ETRAD – 23 e 24 de xuño de 2025
A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (ETRAD) convida a nenos, nenas, mozos e mozas ata os 100 anos, así como ás súas familias, a participar nas súas Xornadas de Portas Abertas, unha oportunidade única para descubrir e experimentar a nosa oferta educativa.

- De 4 a 7 anos

Música e movemento


- A partir de 8 anos

Arpa céltica
Acordeón diatónico
Canto popular
Corda pulsada (guitarra e bouzouki)
Gaita
Percusión tradicional
Requinta
Violín folk
Zanfona


- Lugar: Auditorio Milladoiro da ETRAD
- Datas: 23 e 24 de xuño de 2025
- Horarios:

17:00 h: Recepción e mostra dos instrumentos por parte do profesorado.
17:30 – 18:45 h: Proba libre de instrumentos co apoio do profesorado nas aulas.
19:00 h: Segunda quenda de recepción e mostra.
19:30 – 20:45 h: Segunda quenda de proba de instrumentos.


- Unha experiencia aberta e gratuíta para achegarse á música tradicional galega. Agardámoste!

Compartir en