Novas

A AULA DE ZANFONA NA XUNTANZA DE ESCOLAS DE ZANFONA EN RIANXO. DOMINGO 10/XULLO/2022. NOVAS ETRAD.

Domingo 10 de Xullo de 2022


A AULA DE ZANFONA NA XUNTANZA DE ESCOLAS DE ZANFONA EN RIANXO. DOMINGO 10/XULLO/2022. NOVAS ETRAD.

A Aula de Zanfona da ETRAD, voltou o Palco Aberto ZdZ o domingo 10 de xuño en Rianxo. Logo de dous anos de obrigada ausencia deste evento dentro do programa da Zona da Zanfona, organizouse de novo esta mostra e convivio ao redor do instrumento, unha xuntanza das escolas galegas de zanfona para mostrar o que se está a aprender hoxe sobre este instrumento e o seu repertorio. Esta pretende ser unha reunión anual para que zanfonistas do país poidan partillar experiencias e mostralas ao público de Rianxo. Contou coa presenza das aulas de zanfona de aCentral Folque e do Padroado de Cultura de Narón, con Óscar Fernández, da ETRAD de Vigo con Anxo Pintos, da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra e do Conservatorio de Torroso en Mos con Vitor Soto, da Ponte-Velha de Santo Tirso con João Martins, das Escolas da Terra da Coruña con Miro Casabella e da Escola de Zanfonas de Caldas da Raíña de Suso Vaamonde.

O espazo de celebración foi o Pazo do Rianxiño, tamén no centro da vila

A seguir do recital, hubo un xantar popular para músicos e acompañantes confraternizar distendidamente para facer unha foliada informal na sobremesa.co “Palco Aberto ZdZ”, unha mostra das escolas de zanfona do país que amosan diferentes músicas que aprenden ao longo do ano.

Compartir en