Novas

Concerto inaugural. TORNASÓNS. Mestrxs da ETRAD. Xoves 08/OUT. 20:00h Auditorio Municipal de Vigo. Extraescolares ETRADVIGO 2026-27

Mércores 30 de Setembro de 2026


Concerto inaugural. TORNASÓNS. Mestrxs da ETRAD. Xoves 08/OUT. 20:00h Auditorio Municipal de Vigo. Extraescolares ETRADVIGO 2026-27

Xs mestrxs da ETRAD queren darvos a benvida a un curso especialmente emotivo para a escola cun concerto que abre un ano de celebracións cando se cumplen trinta anos desta institución. Despois de ser parte da EMAO e máis tarde Escola Municipal de Música independente, pasando por diferentes denominacións ao longo do tempo, a ETRAD reivindícase como referente pioneiro do ensino de música tradicional e folk de Galicia, alumeando propostas tan importantes e senlleiras como a Orquestra Folk SonDeSeu, a creación da Rede Europea de Orquestras Folk e por seren berce de músicos e formacións que fan parte significada do presente musical de Vigo e do país.

Para abrir boca, o vindeiro xoves oito de outubro, ás vinte horas agardámosvos no Auditorio Municipal de Vigo para ofrecervos TORNASÓNS, un espectáculo audiovisual arredor das músicas de ida e volta, de melodías migrantes e viaxeiras que forman hoxe, todas elas, parte do noso ADN sonoro.

Vinde partillar cxs mestrxs da ETRAD este concerto que inaugura o curso no que festexaremos #ostrintadaetrad.

Non o perdades!

Concerto inaugural.

TORNASÓNS.

Mestrxs da ETRAD.

Xoves 08/OUT. 20:00h

Auditorio Municipal de Vigo.

Entrada libre e de balde ata completar capacidade

Extraescolares ETRADVIGO 2026-27

Compartir en