Novas

A Banda de gaitas da ETRAD no desfile da queima do meco do entroido de Vigo. Mércores 26 de febreiro. 18h.

Mércores 26 de Febreiro de 2020


A Banda de gaitas da ETRAD no desfile da queima do meco do entroido de Vigo. Mércores 26 de febreiro. 18h.

O víndeiro mércores, 26 de febreiro, o mércores de cinza, a Banda de Gaitas da ETRAD acompañará ás exequias do Meco da cidade de Vigo que sairán da Porta do Sol e percorrendo a Rúa do Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e rematando de novo na Porta do Sol ás 18:00 hrs.

As actividades do último día do Entroido 2020 en Vigo comezarán ás 18:00 horas na Porta do Sol cos solemnes funerais das tropas. Media hora despois, ás 18:30 horas, comezará a procesión fúnebre por: Porta do Sol , Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e Porta do Sol. O enterro de Meco, cos oficios seculares, respostas e sermóns será ás 19:30 horas na Porta do Sol.

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.