Novas

A ETRAD participa nos actos do Nadal do Concello de Vigo coas agrupacións de zanfona, corda frotada e a banda de gaitas.

Luns 30 de Decembro de 2019


A ETRAD participa nos actos do Nadal do Concello de Vigo coas agrupacións de zanfona,  corda frotada e da banda de gaitas.

A ETRAD está presente nas festas de nadal de Vigo coa participación da banda de gaitas e das agrupacións orquestrais das aulas de zanfona e de corda frotada. Organizados polo Concello de Vigo, os vigueses e visitantes puideron escoitar o pasado 22/12 a orquestra de zanfonas  e o 27/12 foi a orquestra de corda frotada a que se subiu ao palco na Praza da Pedra. O vindeiro día 04/01, a Banda de gaitas da ETRAD ofrecerá un pasarrúas dentro do desfile da cabalgata de reis.

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.