Novas

A OFG SonDeSeu en concerto. Bembrive. Torrreiro da Ponte. Sábado 19 de xuño. 21:00hs. Entrada libre por orde de chegada.

Martes 15 de Xuño de 2021


A OFG SonDeSeu en concerto. Bembrive. Torrreiro da Ponte. Sábado 19 de xuño. 21:00hs.

A OFG SonDeSeu ofrecerá o seu primeiro concerto dende o inicio da pandemia este vindeiro sábado 19 de xuño ás 21:00hs. Será no Torreiro da Ponte en Bembrive, dentro dos actos de conmemoración dos 75 anos da constitución da Entidade Local Menor desta parroquia viguesa.

Deixámosvos aquí máis información sobre a historia e constitución da entidade local menor de Bembrive:

Esta Entidade Local nace o 12 de xuño de 1945, presidida por Luis Alonso Abalde (que exerceu de alcalde pedáneo ata o ano 1949), sendo secretario Manuel Alonso Fernández e asesor técnico Claudino Quinteiro, párroco de Bembrive. Antecedente desta autonomía é o establecemento da parroquia como "Pueblo agregado" en outubro de 1931, co fin de acadar unha boa extracción dos aproveitamentos do monte comunal e lograr a súa repoboación, feito culminado en xaneiro de 1932, cando se entregou o monte á xunta administativa por parte das autoridades municipais. A ELM nace como continuadora do antigo pobo agregado para promover e administrar o monte da parroquia, aínda que co paso do tempo, a súa actuación vai dirixida tamén ao mantemento e creación de infraestruturas, tales como viais, parques de ocio e recreo, fontes, rede de sumidoiros, iluminación, etc. (fonte: www.bembrive.org)

A OFG SonDeSeu en concerto.

Bembrive. Torrreiro da Ponte.

Sábado 19 de xuño. 21:00hs.

NOTA PARA OS ASISTENTES: a asistencia ao concerto farase por orde de chegada. A medida que os asistentes vaian chegando, tomaránselles os datos e iranse sentando nas cadeiras que queden libres. Os asistentes aos actos cumprirán a vixente normativa de prevención de contaxios da Covid-19, adoptando as medidas precisas de uso de máscara e gardando a distancia mínima interpersoal.

 

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.