Novas

Aberto periodo de matrícula para novo alumnado e aulas abertas. Do 24 ao 30 /SET. Instrucións para a formalización da matrícula.

Xoves 24 de Setembro de 2026


Aberto periodo de matrícula para novo alumnado e aulas abertas. Do 24 ao 30 /SET. Instrucións para a formalización da matrícula.

Desde hoxe está aberto o prazo de matrícula para alumnado que comeza no Nivel Básico ou Nivel Medio nalgunha das especialidades da ETRAD, así como o prazo de matrícula das Aulas Abertas. Este prazo pecharase o vindeiro 30 de setembro.

As listaxes de admisión pódense consultar aquí.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Para formalizar a matrícula cómpre presentar en secretaría o correspondente xustificante de pago, salvo para os solicitantes da exención de taxas, que deberán presentar copia da solicitude de exención.

 Instrucións para o pagamento da matrícula:

Para efectuar o pagamento é preciso acceder á Sede Electrónica do Concello de Vigo (podedes facelo a través deste enlace) e seguir as instrucións. O pagamento pode facerse de dous xeitos: 

1- En liña, como unha compra por internet.

2- En persoa: descargando e imprimindo o modelo de liquidación das taxas e levándoo a unha sucursal bancaria.

Calquera que sexa a modalidade de pago, o xustificante do mesmo debe presentarse en secretaría, onde tamén se cubrirá o impreso correspondente cos datos persoais.

No formulario da Sede Electrónica debe escribirse:

 - o nome e apelidos da persoa que se matricula (exactamente igual ao que consta no regardo da inscrición que se enviou por correo-e, e igual ao que se publicou nas listaxes de persoas preinscritas),

 - o dni (ou nie, no caso de estranxeiros)

A continuación hai que seleccionar "E-TRAD (Música folk e tradicional)" e máis a especialidade e nivel que corresponda, ou a Aula Aberta de que se trate.

 
SOLICITANTES DA EXENCIÓN DE TAXAS:

Deben presentar a solicitude de exención no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Unha vez presentada, hai que entregar unha copia da solicitude en secretaría.

Prazo para solicitar a exención de taxas: entre o 24 e o 30 de setembro de 2025.


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NA SECRETARÍA:

 1.- Xustificante do pago das taxas de matrícula ou resgardo da solicitude de exención.

 2.- As persoas que se matriculen por primeira vez na ETRAD deben presentar tamén un certificado de conta bancaria para o cobro das mensualidades correspondentes por parte do Concello de Vigo. Están exentas deste trámite as persoas que soliciten a exención de taxas.

 3.- Impreso de matrícula debidamente cuberto. Este impreso facilítase na mesma secretaría.

 
Horario de secretaría: de luns a venres, de 11 a 14 hs. e de 17 a 20 hs.

 
Derradeiro día do prazo de matrícula: 30 de setembro de 2026.

 
Comezo do curso 2026-2027: 1 de outubro.

 

Compartir en