Mércores 25 de Novembro de 2026
A ETRAD presenta un novo curso de ampliación de estudos. Un monografico teórico-práctico de afinación, regraxe e empalletado de gaita galega impartido por Xaquín Xesteira, no que se mostrarán os diferentes procesos para a afinación do instrumento, empalletar un punteiro e unha mellor conservación do instrumento.
Requisitos mínimos: Cada alumno/a debe ter un dominio básico do intrumento, así como instrumento propio e material para practicar os diferentes procesos: navalla, palletas, pallóns, afinador, aceite, sebo/vaselina, fío, autocolantes para punteiro, etc.
EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2026-27
CURSO DE AMPLIACIÓN DE ESTUDOS
Afinación, regraxe e empalletado de gaita galega..
Xaquín Xesteira.
04, 11, 18/DEC.
Horario: 16:00 a 19:00 h
Lugar: Aula 5, ETRAD
Prezo: 29,30 €
Incrición universal (gratuíto para alumnado de medio e avanzado da escola)
Inscricións abertas na secretaría da escola ata o venres 04 / DEC
#OsTrintaDaEtrad
25/11/2026
25/11/2026
25/11/2026
25/11/2026
25/11/2026