Martes 10 de Novembro de 2026
O noso mestre de gaita e xefe de estudos, músico e compositor Xaquín Xesteira Losada recibiu este sábado 7/NOV o Premio Ramón Cabanillas, organizado por primeira vez en solitario polo Concello de Cambados na súa XXI edición.
O acto de entrega deste galargón tivo lugar nun acto no Auditorio da Xuventude, coa presenza e intervención de Francisco Fernández Rei e Rodrigo Romaní.
Tratouse dunha cita coa cultura, coa lingua e coa identidade galega para homenaxear a figura e o legado do ilustre poeta Ramón Cabanillas. Pero tamén para recoñecer e por en valor a traxectoria e contribución de Xesteira.
Nacido na vila do Albariño o 29 de agosto de 1971 no seo dunha familia con tradición musical, Xesteira é unha referencia na música tradicional, tanto como profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo como por ser un dos fundadores do grupo Treixadura ou ter participado como gaiteiro e percusionista, por exemplo, en concertos do grupo Milladoiro. Destacaron ldo homenaxeado que sempre estivo ligado a música e en actividades a prol da cultura galega, mais tamén coa vila de Cambados e co propio Premio Ramón Cabanillas.
A laudatio correu a cargo do noso ex-director, Rodrigo Romaní e non faltaron as actuacion musicais de Os Faíscas de Solobeira, de Treixadura e o Coro de Cantigas e Agarimos e de Os Xesteira.
A comunidade educativa da ETRAD trasladámoslle a nosa admiración e máis sincera noraboa por este merecido galardón que recoñece a súa traxectoria e compromiso para coa nosa música tradicional e o seu instrumento maís senlleiro e representativo, a gaita.
10/11/2026
10/11/2026
10/11/2026
10/11/2026
10/11/2026