Mércores 1 de Xuño de 2022
Lugo convértese a primeira fin de semana de xuño no epicentro ds zanfona do noso pais. desde o venres 3 ata o domingo 5 de xuño van suceder as táboas redondas, aulas maxistrais e concertos dos mestres e as Aulas de Zanfona de toda Galicia.
A Aula de Zanfona da ETRAD estará representada polo ETRAD Zanfona Ensemble facendo un concerto de palco nunca das Prazas do Casco Histórico de Lugo ás 19:00H o sábado 4. O domingo 5, xunto ao resto das escolas, tocará ás 13H no Encontro de Escolas de Zanfona, finalizando a súa participación tocando conxuntamente co resto de escolas participantes un par de temas.
Por outra banda, o mestre de zanfona, Anxo Pintos, está convidado a participar nunha táboa redonda baixo o título: Recursos e necesidades. Métodos, repertorio, arranxos e novas composicións. Na táboa, Anxo estará acompañado por Germán Díaz, Bruno Villamor, Pedro Pascual e öscar Fernández. Modera, Mauro Sanín.
O encontro de zanfona conta co patrocinio da Deputación e o Concello de Lugo.
ETRAD ZANFONA ENSEMBLE NO II CELME DE ZANFONA.
LUGO
4 XUÑO 19:00h Concerto de Palco no Casco Histórico
5 XUÑO 13:00h Encontro de escolas de Zanfona no Casco Histórico
01/06/2022
01/06/2022
01/06/2022
01/06/2022
01/06/2022