Novas

AUDICIÓN AULA DE ACORDEÓN DIATÓNICO E PRESENTACIÓN LIBRO: DE BOTÓNS. Xoves 01/Xuño. 17:00H. Hemeroteca da EMAO. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO. 2022-23.

Martes 30 de Maio de 2023


AUDICIÓN AULA DE ACORDEÓN DIATÓNICO E PRESENTACIÓN LIBRO: DE BOTÓNS. Xoves 01/Xuño. 17:00H. Hemeroteca da EMAO. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO. 2022-23.

 O vindeiro xoves 1 de xuño, a Aula de Acordeón Diatónico será a protagonista da Audición que esta especialidade desenvolverá na hemeroteca da EMAO. 

Desde as 17:00hs non so ides escoitar o bo traballo do alumnado sobre as músicas aprendidas ao longo deste ano. Teredes tamén a oportunidade de asistires á presentación do libro: DE BOTÓNS da man do seu co-autor e mestre desta escola, Carlos Quintá, quen, xunto a Pedro Pascual asinan este Cancioneiro Musical para acordeón diatónico. 

Unha dobre motivación para que non te perdas esta cita!

 


 AUDICIÓN AULA DE ACORDEÓN DIATÓNICO E PRESENTACIÓN LIBRO: DE BOTÓNS. 

Xoves 01/Xuño. 

17:00H. 

Hemeroteca da EMAO.

Entrada libre e de balde ata completar aforamento

Compartir en