Martes 17 de Marzo de 2026
A ETRAD – Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo celebrará a súa Audición de Primavera o vindeiro mércores 18 de marzo ás 18:00h.
O encontro musical terá lugar no Auditorio da AVCD "Monte da Mina" de Castrelos a quen lle agradecemos a súa colaboración, e será unha oportunidade para que o alumnado das diferentes especialidades da escola comparta co público o traballo desenvolvido ao longo do curso.
Durante a audición poderemos escoitar ao alumnado de todas as especialidades , aulas abertas e conxuntos instrumentais, nunha tarde na que alumnado e profesorado celebrarán a música e o proceso de aprendizaxe colectivo que caracteriza á ETRAD.
Auditorio da AVCD Monte da Mina (Castrelos)
Mércores, 18 de marzo
18:00h
A entrada é libre ata completar aforamento
17/03/2026
17/03/2026
17/03/2026
17/03/2026
17/03/2026