Novas

TRAZA AO VIVO. CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS. (CONXUNTO II AVANZADO DA ETRAD). 13 DE MAIO. 20:30H IGREXA DO CRISTO DA VICTORIA. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26

Martes 12 de Maio de 2026


TRAZA AO VIVO. CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS. (CONXUNTO II AVANZADO DA ETRAD). 13 DE MAIO. 20:30H IGREXA DO CRISTO DA VICTORIA. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26

 TRAZA, O Grupo de segundo curso do Itinerario Avanzado da ETRAD, principia a sua xira de concertos no Salón de Actos do complexo parroquial do Cristo da Victoria ubicado na R/ Baiona nº 9 de Coia) dentro dos actos na semana das Letras Galegas 2026 dedicada á escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño, e  organizado polo CC Rueiro, Asoc. Mulleres Dorna e o MOvemento veciñal O Noso Barrio

Será a partir das 20:30h con entrada libre e de balde.

Sobre TRAZA:

TRAZA nace no 2026 en Vigo no seo da Escola Municipal de Música
Tradicional e Folk ETRAD. O grupo xorde da confluencia de catro
traxectorias singulares unidas por unha mesma convicción: a música
tradicional galega non é un arquivo, senón un organismo vivo. Formados na
ETRAD os seus integrantes incorporan a herdanza da tradición oral sen
renunciar á exploración harmónica nin ao risco estético. O seu son gravita
en torno á música modal e os seus arranxos foxen do folklore de
escaparate: constrúen texturas musicais onde a voz e a frauta dialogan co
constante zoar do bordón da zanfona e a guitarra acústica tece o ritmo
harmónico.
Inspirados polo legado recollido nos arquivos e cancioneiros, pretenden
reactualizar a tradición conforme influencias que van desde o folk galego
(Berrogüetto, Lizgairo, Os Cempés ou Tanxedoras...) até a música folk e de
raíz doutras latitudes (Lankum, Billy Strings, Doc Watson, John Doyle...),
pasando así mesmo por outras manifestacións como a música posmoderna
e a experimentación contemporánea.
TRAZA son: Uxía Fernández (Voz e percusión) Xacobe López (Zanfona),
Alba Domínguez Blanco (Requinta) e Daniel Fernández Román (Guitarra
acústica)

Compartir en