Mércores 17 de Xuño de 2026
Na ETRAD despedimos o curso 2025-2026 cun dos momentos máis especiais do ano: a nosa tradicional Audición de Fin de Curso, que terá lugar o vindeiro martes 23 de xuño, ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal de Vigo.
Será unha celebración da música, da aprendizaxe e do traballo compartido ao longo destes meses. O alumnado das especialidades de Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, xunto coas aulas de Música e Movemento, os Conxuntos Instrumentais e as Aulas Abertas, compartirán co público unha mostra do repertorio e das experiencias musicais desenvolvidas durante o curso.
A audición reunirá no escenario a centos de alumnas e alumnos de todas as idades, protagonistas dun proxecto educativo que medra cada ano arredor da música tradicional galega e da música folk.
Convidámosvos a acompañarnos nesta gran festa de fin de curso, unha oportunidade para celebrar o esforzo, a ilusión e o talento da comunidade educativa da ETRAD.
AUDICIÓN DE FIN DE CURSO 2025-2026.
Auditorio Municipal de Vigo.
Martes 23 de xuño.
18:00 h.
Entrada libre e de balde ata completar capacidade.
17/06/2026
17/06/2026
17/06/2026
17/06/2026
17/06/2026