Novas

AUDICIÓN DE NADAL. AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO. XOVES 21/DEC. 18:00HS. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2023-24.

Mércores 13 de Decembro de 2023


AUDICIÓN DE NADAL. AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO. XOVES 21/DEC. 18:00HS. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2023-24.

 O vindeiro xoves 21 de decembro celebraremos a tradicional Audición de Nadal da ETRAD. Será no Auditorio Municipal de Vigo ubicado na Praza do Rei. Desde as 18:00hs, os estudantes das especialidades de Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, xunto ao alumnado do Conxunto instrumental de 3º de Básico, ateigarán o palco coas melodías e cantigas aprendidas ao longo deste primeiro trimestre. 

Agardámosvos cun sorriso nos beizos e os instrumentos preparados!

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2023-24. 

AUDICIÓN DE NADAL. 

AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO. 

XOVES 21/DEC. 

18:00HS

ENTTRADA LIBRE E DE BALDE

ATA COMPLETAR AFORAMENTO

Compartir en