Novas

AUDICIÓN DE PRIMAVERA da ETRAD. Auditorio Milladoiro. Venres 21/MAR. 18:00H. Extraescolares ETRADVIGO 2024-25.

Martes 11 de Marzo de 2025


AUDICIÓN DE PRIMAVERA da ETRAD.  Auditorio Milladoiro.   Venres 21/MAR. 18:00H. Extraescolares ETRADVIGO 2024-25.

O vindeiro venres 21 de marzo dende as 18:00h, celebraremos a Audición de Primavera da ETRAD no Auditorio Milladoiro. Contaremos con unha numerosa representación das especialidades instrumentais da escola:  Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk, Zanfona e xs miúdxs de Música e Movemento. Estarán tamén algúns dos conxuntos instrumentais e aulas abertas. Todxs elxs, converterán o palco do auditorio nunha festa na que celebrar a chegada da primavera e amosar as músicas aprendidas no segundo trimestre.

Agardámosvos!

Extraescolares ETRADVIGO 2024-25.

AUDICIÓN DE PRIMAVERA da ETRAD.

Auditorio Milladoiro. 

Venres 21/MAR. 18:00H. 

Entrada Libre ata completar aforamento

Compartir en