Novas

BAILE DAS ANDURIÑAS. Patio da Escola Venres 06 de xuño De 17 a 19hs. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2024-25

Luns 26 de Maio de 2025


BAILE DAS ANDURIÑAS. Patio da Escola  Venres 06 de xuño  De 17 a 19hs. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2024-25

O venres 06 de xuño celebramos unha nova edición do Baile das Anduriñas na escola. Teremos un palco aberto onde alumn@s e/ou músicos de fora da escola poderedes subir a tocar coa única premisa de que as pezas a interpretar sexan bailables (dá igual a procedencia: muiñeiras, xotas, xigas, reels, scottish, branles, bourrés, laridés ...)para que o resto d@s asistentes bailen. Contaremos coa colaboración da A.C Monteira con Suso Cancelas á fronte. Os grupos musicais que queran participar teñen que comunicarllo ax mestrx da súa especialidade e na oficina se vens de fóra previamente.

Elixe parella (ou non) e salta ao torreiro!!!

Baile das anduriñas

Patio da Escola

Venres 06 de xuño

De 17 a 19 hs.

Entrada libre e de balde ata completar aforamento.

Compartir en