Xoves 4 de Xuño de 2026
O venres 12 de xuño celebramos unha nova edición do Baile das Anduriñas na escola. Teremos un palco aberto onde alumn@s e/ou músicos de fora da escola poderedes subir a tocar coa única premisa de que as pezas a interpretar sexan bailables (dá igual a procedencia: muiñeiras, xotas, xigas, reels, scottish, branles, bourrés, ...)para que o resto d@s asistentes bailen. Contaremos coa colaboración da A.C Monteira con Suso Cancelas á fronte. Os grupos musicais que queran participar teñen que comunicarllo previamente ax mestrx da túa especialidade e na oficina se vés de fóra .
Elixe parella (ou non) e salta ao torreiro!!!
Baile das anduriñas
Patio da Escola
Venres 12 de xuño
De 17 a 19 hs.
Entrada libre e de balde ata completar aforamento.
EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26
04/06/2026
04/06/2026
04/06/2026
04/06/2026
04/06/2026