Venres 25 de Febreiro de 2022
A mestra da ETRAD, Begoña Riobó participará no festival Fiddlers on the Move que terá lugar en Gante (BE) durante a semana do entroido.
Fiddlers on The Move é un festival fundado polo violinista Wounter Vandernabeele coa idea de darlle aos violinistas a oportunidade de mergullarse en distintos xéneros e xeitos de entender o violín.
Cada ano durante cinco días, a cidade de Gante énchese de músicos de primeira liña de todo o mundo na que imparten talleres ademais de ofrecer concertos.
No 2022, Do 2 ao 6 de marzo. trece violinistas de diversas procedencias descubriranlle aos cursillistas as bases dos seus estilos violinísticos: Música Balcánica, Klezmer, Grega, Turca, Rumana, Sueca, Escocesa e por suposto Galega.
Asemade, Begoña participará como convidada, xunto á violinista Hannah Read, en tres concertos liderados pola violinista e cantante americana afincada en Gante, Laura Cortese.
25/02/2022
25/02/2022
25/02/2022
25/02/2022
25/02/2022