Novas

Carme López, a mestra de canto da ETRAD, Premio Martín Códax 2024 na categoría de Música Contemporánea.

Venres 17 de Maio de 2024


Carme López, a mestra de canto da ETRAD, Premio Martín Códax 2024 na categoría de Música Contemporánea.

A mestra de canto da ETRAD, Carme López, recibiu o Premio Martín Códax na categoría de Música Contemporánea por QUINTELA, o seu traballo discográfico.

Moitos parabéns en nome de toda a equipa e a comunidade educativa da ETRAD!!!

Sobre Quintela

‘Quintela’ é o disco debut de Carme López e o primeiro traballo de música experimental para gaita galega, influenciado por compositoras como Éliane Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone. Neste álbum a gaita móvese por un campo totalmente descoñecido, desvencellada do seu nexo coa música tradicional para descontextualizala e crear así un enfoque persoal marcado pola perspectiva de xénero (abandonando a asociación de prestixio entre o instrumento e o xénero masculino). O arco narrativo parte da casa familiar de Carme López, a casa Quintela, e das vivencias e relacións persoais que teñen xurdido nela.
Para a elaboración do directo que suporá a presentación deste álbum confórmase un espectáculo baseado nas ideas musicais e conceptos sonoros fundamentais do disco, tomando a improvisación e a aleatoriedade como ideas compositivas, e creando ambientes sonoros de lenta modulación, estirando as posibilidades sonoras da gaita ata o seu límite absoluto.

Compartir en