Venres 12 de Maio de 2023
O vindeiro venres, 12 de maio o grupo POA,integrado polos estudantes de II curso do Itinerario Avanzado da ETRAD ofrece un concerto organizado pola As. Cultural Rueiro co gallo do día das Letras Galegas que este ano rende tributo a Francisco Fernández del Riego. Será a partires das 20:45 hs na Igrexa do Cristo da Victoria de Coia
POA, o grupo de Conxunto II de Avanzado preséntase en concerto cun repertorio creado ao longo de dous anos na asignatura de Conxunto I e Conxunto II de Avanzado. Titorizados polos mestres Begoña Riobó e Anxo Pintos, foros construíndo o seu particular hábitat estético que están en disposición de amosarnos de aquí a finas do mes de xuño.
A música de POA é un diálogo aberto entre os instrumentos e as melodías tradicionais tanto cantadas como instrumentais sumado a unha intención: a do equilibrio entre a tradición, a re-creación e a actualización estética presente nuns arranxos que, o mesmo se concentran en retorcer as melodías como en buscar alianzas simbióticas que tornen monofonías individuais nun caleidoscopio coral cheo de pequenos matices que converten a POA nun deses abundantes muros de pedra seca presentes na paisaxe galega onde, nunha ollada lixeira, atopamos tanta diversidade vexetal, animal e de formas inorgánicas.
POA son:
Beatriz Grande (zanfona),
Antón Pombar (acordeón diatónico),
Claudia Abril (voz e percusión)
Marina González (violín)
EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022-23.
CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS. POA (CONXUNTO DE II DE AVANZADO)
AS. CULTURAL RUEIRO. IGREXA DO CRISTO DA VICTORIA. R/BAIONA 9. COIA-VIGO
VENRES 12 Maio.
20:45H
ENTRADA LIBRE E DE BALDE.
12/05/2023
12/05/2023
12/05/2023
12/05/2023
12/05/2023