Novas

Concerto de Apertura do Curso 2025-2026. RURALSÓNS. Mestrxs da ETRAD. Mércores 08/OUT. 20:00 h. Auditorio Municipal. Entrada de balde.

Luns 6 de Outubro de 2025


Concerto de Apertura do Curso 2025-2026. RURALSÓNS. Mestrxs da ETRAD. Mércores 08/OUT. 20:00 h.  Auditorio Municipal. Entrada de balde.

Concerto de Apertura do Curso 2025-2026

A Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional ten o pracer de convidar á comunidade educativa da escola e á cidadanía viguesa ao Concerto de Apertura do curso 2025-2026, que se celebrará o mércores 8 de outubro, ás 20:00 h, no Auditorio Municipal (Edificio do Concello).

RURALSÓNS é o título do concerto, que contará coa participación musical d@s mestr@s da ETRAD e coa proxección dos vídeos de Casa Gallinitas, inspirados nas músicas e sons do ciclo anual.

Un encontro aberto a toda a veciñanza para celebrar, do xeito máis musical, o comezo dun novo curso na nosa escola.

Concerto de Apertura ETRAD 2025-2026
-  Mércores 08/OUT
-  20:00 h
-  Auditorio Municipal (Edificio do Concello)
- Entrada libre e de balde ata completar aforamento

Compartir en