Novas

CONCERTO DE DARTE. CONXUNTO 2 DE AVANZADO. FESTA DO MILLO CORVO. MEIRO. BUEU. 02 ABR/ 14:00HS. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2021-22.

Venres 1 de Abril de 2022


CONCERTO DE DARTE. CONXUNTO 2 DE AVANZADO. FESTA DO MILLO CORVO. MEIRO. BUEU. 02 ABR/ 14:00HS. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2021-22.

DARTE e o grupo de música folk, resultado dos dous anos de formación dos seus membros na asignatura de Conxunto Instrumental impartida na ETRAD, a Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional., dentro do Intineraio Avanzado. Ao longo destes dous anos, xs músicxs da banda, deron en crear un repertorio centrado na recreación e reelaboración de músicas de tradición galega siempre con arranxos propios sendo permeabeis tamén, á fusión de estilos entre músicas de raíz europeas e xéneros tan equidistantes como poden ser o Pop, o Rock ou o clásico.O resultado conforma unha posta en escea chea de intres bailables, convertendo a experiencia nunca viaxe colmada de paisaxes sonoras que van do lírico ao telúrico con miradoiros nos que parar a escoitar a beleza agochada nos timbres puros. 

 O FOLK-TRAD de DARTE semella querer aportar en ocasións, un reflexivo ponto de vista afincado nas antípodas do evidente. Foi por isto que quizaís decidiron elixir darlle a volta ás letras da escola, ETRAD, para seren DARTE. 

DARTE son:


LUCÍA ALBORJA BALADO: Voz, pandeireta e percusión miúda

PATRI SÁNCHEZ SEOANE: Voz, pandeireta e percusión miúda

LUCÍA SANTIAGO DÍAZ: Acordeón diatónico

ANXO MÉNDEZ: Violín

HÉCTOR PREGO BARROS: Viola

ALBERTO BARREIRO: Gaita

ANTÓN POMBAR: Zanfona.

CONCERTO DE DARTE. CONXUNTO 2 DE AVANZADO. 

FESTA DO MILLO CORVO. MEIRO. BUEU.

SÁBADO 02 ABRIL. 14:00HS

 

SOBRE A FESTA DO MILLO CORVO

Festa de Interese Turístico.
Organizado pola Asociación Cultural Meiro, ten lugar unha feira gastronómica que é a culminación dun traballo que abrangue todo o ano e que ten por obxecto a recuperación etnográfica, educativa, cultural e gastronómica do millo corvo. É esta unha variedade de millo de cor negra, case extinguida na comarca do Morrazo, que se fai coa participación de asociacións e centros educativos.

No Encontro-Degustación, os asistentes teñen a oportunidade de probar todo tipo de produtos elaborados coa fariña de millo corvo (pan, tortas, empanadas,…) e o público achégase, entre obradoiros e exposicións, ao coñecemento de todo o ciclo natural do millo corvo, da arquitectura popular, dos diferentes apeiros e útiles de labranza. Ademais, durante toda a fin de semana sucédense actuacións de grupos tradicionais, rutas guiadas, contacontos, obradoiros de oficios tradicionais, charlas, proxeccións, nunha gran festa de exaltación do patrimonio inmaterial.

Compartir en