Novas

Concerto de The Black Fingers para Aula de Música e Movemento.Venres 25/NOV. 17:00h. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO. 2022-23.

Xoves 10 de Novembro de 2022


Concerto de The Black Fingers para Aula de Música e Movemento.Venres 25/NOV. 17:00h. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO. 2022-23.

A tarde do venres 25 de novembro será diferente e especial para o alumnado e familia do itinerario de Música e Movemento da ETRAD xa que contarán cun concerto didáctico. Esta actividade se encadra dentro do curso escolar dos máis pequenos da escola, na que poderán escoitar unha vez por trimestre, música ao vivo.
Nesta ocasión será  “The Black Fingers”, integrado por Sara Bonner: violín e zanfona, Pablo Dosio: bouzuqui e a propia mestra de Música e Movemento da ETRAD, Xela ConFer: violín e voz, o grupo encargado de encher de son o aula  co seu repertorio cheo de músicas bailables de diferentes lugares do mundo.

Concerto de The Black Fingers. 
Auditorio Milladoiro
25/11/22 
17:00h 

Entrada reservada a pais e familiares do alumnado de Música e Movemento.

Compartir en