Novas

CURSO: AS FONTES PRIMARIAS DA MÚSICA DE TRADICIÓN ORAL. CARME LÓPEZ. 24/FEB, 03/MAR, 10/MAR 2023. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022-23.

Venres 3 de Febreiro de 2023


CURSO: AS FONTES PRIMARIAS DA MÚSICA DE TRADICIÓN ORAL. CARME LÓPEZ. 24/FEB, 03/MAR, 10/MAR 2023. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022-23.

 Presentamos un novo curso de ampliación de estudos impartido pola mestra de Canto Popular da escola, Carme López: As fontes primarias d da Música de Tradición Oral, que se celebrará durante os venres 24 de febreiro e o 3 e 10 de marzo. Ao longo deste monográfico, achegaranse ao alumnado as bases teórico-prácticas que se vinculan co traballo de campo (tanto a nivel académico-científico como na práctica galega habitual -recolleitas-) e proporcionaranse métodos de acceso a
fontes primarias do repertorio de tradición oral galega. 

AULA 5.

16:00-19:00hs.

Prezo curso: 26 EUR.

Matrícula aberta ata o 24/FEB

Gratis para alumnado

de Medio e Avanzado.

Compartir en