Novas

CURSO DE AMPLIACIÓN DE ESTUDOS. ANXO PINTOS. FERRAMENTAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESCÉNICA: Laboratorio de composición e arranxos/Introdución á improvisación/Actuar en público. EXTRAESCOLARES ETRAD 2023-24.

Luns 9 de Outubro de 2023


CURSO DE AMPLIACIÓN DE ESTUDOS. ANXO PINTOS. FERRAMENTAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESCÉNICA: Laboratorio de composición e arranxos/Introdución á improvisación/Actuar en público. EXTRAESCOLARES ETRAD 2023-24.

A ETRADVIGO abre este mes de outubro unha nova edición dos cursos de curta duración que teñen por obxectivo a ampliación de estudos e competencias tanto dos estudantes da escola, como de todxs aquelxs interesadxs que non teñan matrícula na ETRAD.

Os monográficos están secuenciados en tres sesións que se celebrarán sempre os venres de 16 a 19h, cun prezo de 26 EUR (Gratuíto para os estudantes matriculados nos itinerarios de Medio e Avanzado da ETRAD)

Presentámosvos o primeiro dos nove cursos que programaremos ao longo do ano escolar 2023-2024.

Ferramentas de creación artística e escénica

impartido polo mestre Anxo Pintos, este curso de tres sesións incidirá sobre tres diferentes áreas de interese. 


20/OUT/2023 Laboratorio de composición e arranxos 


Nesta sesión, teredes a oportunidade de mergullarvos de xeito básico nos elementos máis comúns presentes nas obras musicais, así como coñecer algúns dos procedementos a usar á hora de compoñer ou arranxar un tema. imprescindible vir con curiosidade, instrumento e papel pautado...

Análise básica dos elementos melódicos e harmónicos nunha composición e/ou arranxo.

Música vertical/Música horizontal.

Creación e exemplos prácticos

Análise e creación de letras para cancións.

Música e imaxe. Tipos de interacción. Análise e exemplos prácticos

 


27/OUT/2023 Introdución á improvisación

 


Nesta segunda sesión trataremos os seguintes temas: Fraseo: linguaxe, ritmo, direción, dinámica. Armonía: análise práctica das composicións e teoría e práctica da Improvisación: aplicación rítmica, armónica e melódica de escalas, modos e arpexos.

Imprescindible instrumento.

 


 03/NOV/2023 Actuar en público. Como combater a ansiedade

escénica. Técnica, trucos e práctica. 

 


Neste terceira e derradeira sesión, falaremos das nocións básicas sobre a estrutura e organización cerebral, o funcionamento e importancia dos neurotransmisores, a comunicación non verbal, os temperamentos e os mapas representacionais. A parte práctica levarase a cabo con exercicios de dicción e movemento corporal para facilitaren a desinhibición e reducir o bloqueante peso do sentido do ridículo. Daremos consellos prácticos  sobre como domesticar a ansiedade psicosomática ante o impacto de someterse a unha experiencia escénica. Escenificación creativa.

Imprescindible instrumento. Recoméndase roupa cómoda

  

Curso de Ampliación de Estudos:

Ferramentas de creación artística e escénica

Imparte: Anxo Pintos

Datas: 20/OUT, 27/OUT, 03/NOV/2023

Lugar: AULA Perfecto Feijóo (5)

Prezo: 26 EUR. (Gratuíto para o alumnado do Itinerario Medio e Avanzado.

Inscrición: Do 02 ao 20 de outubro de 2023 na secretaría da ETRAD.

Compartir en